jueves, 17 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS- MEUS SENTIMENTOS GALEGOS

QUIXEN SER EU MESMO

Quixen ser eu mesmo, maís atopei con carceres, e con troqueles,
con tempos mortos sen praceres,
que morreron onte, hoxe, por ser o que non eres.

Deixeí miña terra cando máis a necesitaba,
e canto menos eu quixen, moito menos a atopaba.

Nacín faí moitos anos, chea de forza, de xuventude,
crecín sendo muller e home que brincaban cun foguete.

Un foguete de vida, de verbas e inquedanzas,
de soños e de esperanzas.

Fun mermando, co pasar da vida,
cos que estaban enrriba, na cúspide do ceo,
onde ninguen chegaba.
Onde os nenos xa non falaban por medo a ser mollados,
pola chuvía dos páxaros, dos contos e do demo.

Achiqueíme nunha boa cunca de leite fresca dos prados,
cando as vacas eran fracas e non tiñan cartos.
Onde os montes eran verdes como a herva,
inmensos como o deus de todos.

Agora síntome morta, sen vida e sen venganza.
Sen venganza deste olvido tan forzado,
queimada polo ferro da tua lanza.

Quixen ser eu mesmo,
pero algúns, cas súas máns asesinaronme.
Levaronmé o inferno xunto o demo.
O demo da tua vergoña, o da tua falta de respeto.
Soamente son o que xa non son.
A LINGUA DA MI TERRA, DESTA TERRA SEN MEDO.

Rosa Mª González Álvarez.

NOTA: Pode que teña pouco sentido ou moito, soamente depende de como a entendas e a escoites co teu corazón. Un saudo e un biquiño para todo aquel que sexa galego e non teña vergoña da sua lingua.